Infancia e familia
Redes de apoio
Artigo
Rosón, C., Solla, P., Cabellos, A., Ballester, L. Parentalidades sustitutivas y procesos de mentoría, en Orte, Ballester, Amer (eds.). Educación familiar. Programas e intervenciones basados en la evidencia. Octaedro, 2020.
A parentalidade concentra diferentes aspectos da maternidade e a paternidade, pero hai funcións parentais que poden ser exercidas simultánea ou sucesivamente por varias persoas que teñen, ou non vinculación biolóxica cos nenos e nenas. Aínda que o concepto de “parental” refírese ao relativo aos parentes ou proxenitores, o exercicio da parentalidade non ten, ren realidade definidos cales son os seus actores.
Os coidados e a atención á infancia tamén se exercen, xa que logo, desde unha posición allea ao propio núcleo familiar. Podemos distinguir entre parentalidade natural ou profesional. Neste artigo, elaborado por investigadores do Centro FAIA e a Universitat de les Illes Balears, exploramos ademais a parentalidade que pode exercer unha figura mentora sobre un neno, nena ou adolescente. Abórdanse distintas tipoloxías da mentoría, formais e informais, como modalidades válidas para exercer a parentalidade substitutiva.