A Fundación

Coñecemento ao servizo dos seus dereitos

Trébol existe para investigar e xerar coñecemento para a defensa dos dereitos da infancia, a xuventude e as familias en risco de exclusión.
nena nun prado mirando a cámara cunha sonrisa
Traballando por un obxectivo

Transformación social desde o rigor científico.

1

Investigación e edición

Desenvolvemos e editamos traballos especializados na infancia e a xuventude.
2

Formación

Poñemos en marcha iniciativas de formación con enfoque de dereitos.
3

Mentoría social

Apostamos pola mentoría social, con proxectos comunitarios en beneficio de mozos e mozas sen apoio familiar e familias en dificultade social.
4

Redes territoriais

Formamos parte de redes territoriais, estatais e internacionais en proxectos capaces de mellorar o benestar de nenas, nenos e persoas mozas, de reducir a desigualdade e de xerar oportunidades de futuro.

A Fundación/Valores

Creatividade e experimentación desde a responsabilidade: que efectos produce o que facemos e como se poden mellorar.

Curiosidade por saber o que pasa e por que pasa: como se xeran as necesidades, como se produce a vulnerabilidade.

Sinerxías coa administración pública, as universidades e outros organismos da sociedade civil.

Prospectiva para a prevención, con atención ás tendencias que nos permitan facela de forma máis efectiva.

Avaliación e mellora para seleccionar as mellores prácticas e traballar mellor.

Optimización e priorización de recursos e actuacións.

Validación das nosas intervencións.

Compromiso ético

Cultura baseada en evidencia: Avaliar ⭢ Aprender ⭢ Intervir ⭢ Avaliar

A Fundación/Transparencia

Estatutos da fundación
Contas anuais

A Fundación/Padroado

Presidente

Víctor Manuel Santidrián Arias

Traballa nun instituto público, de todas e todos. Comparte con xentes de latitudes variadas inquedanzas sobre a educación. Traballa a Memoria na busca das persoas que, malia non apareceren nos libros, son facedoras do mellor que vivimos. É dotor en Historia Contemporánea pola USC.
Secretaria

Alba Paz Boubeta

Subdirectora xeral de Economía Social na Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia desde 2015. Foi Xefa do servizo de Protección de Menores entre 2009 e 2015. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Tesoureiro

Emilio Barreiro

Vogal

Carmen Lago

Subdirectora xeral de Economía Social na Consellería de economía, Emprego e Industria dende 2015. É funcionaria de carreira do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia dende 1993. Desenrolou a sua traxectoria laboral en diversos ámbitos de servizos sociais, recursos mariños e empleo. Foi Xefa do servizo de Protección de Menores da Consellería de Traballo e Benestar entre 2009 y 2015.

Licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal

Carlos Cortés León

Consultor social e experto en xestión de persoas e organizacións. Profesor colaborador de ESADE e docente en programas de xestión de equipos e liderado, sobre todo no 3º sector. Coach, escritor e conferenciante. Defínese como lutier para a transformación de persoas.
Vogal

Ana Oliveira Blanco

Vogal

Nuno Matías Ferreira

Director do Núcleo dos Açores da Direção-Geral de Reinserção e Serviços Prisionais, Ministerio de Justiça de Portugal. Membro do comité directivo de diferentes oenegués en Portugal e en Galicia. Licenciado en Traballo Social polo Instituto Superior de Serviço Social de Lisboa.
Vogal

Susana Pérez Crespo

Coordinadora e socia fundadora da Asociación Galega de Aprendizaxe Servizo, que ten como finalidade impulsar e difundir o ApS en Galicia. Tamén é consultora e formadora en El Cole Social, ademais de experta en educación emocional.
Dirección xeral

Carlos Rosón Varela

Estou no sector social desde que recordo. Pai de familia numerosa, profesor e investigador en diversos másteres e cursos de especialización das Universidades de Santiago, Vigo e Málaga. Coach ACSTH e mentor de emprendedores. Presidente da Federación de Mozas e Inclusión e membro da xunta directiva da Federación Internacional de Comunidades Educativas e da patronal galega da Infancia, Familia e Mocidade.

A Fundación/Investigadores

Investigador

Gonzalo Rodríguez

Graduado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Especialista en metodoloxías de investigación cuantitativas e cualitativas, facendo especial fincapé na capacidade explicativa das emocións. Entende a investigación coma un feito social, contextualizado e con capacidade transformadora.
Investigadora

Arina Coretchi

ii. Graduada en Socioloxía e máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social. Interesada na igualdade e a mellora das políticas públicas a través da investigación e da participación cidadá.