Trébol existe para investigar e xerar coñecemento para a defensa dos dereitos da infancia, a xuventude e as familias en risco de exclusión. Facémolo cunha firme vontade de transformación social desde o rigor científico.

Últimos traballos

Do confinamento á exclusión

Só o 8,5% da xuventude galega en risco de exclusión segue traballando tras o estado de alarma.

En ERTE

67%

Mozas en risco de exclusión desempregadas

84%

Fogares vulnerables que viron agravada a súa situación

60%
A mentoría como rol parental alternativo

Para a mocidade tutelada, a interrupción do vínculo co fogar de protección pode percibirse como un abandono máis.

Debemos reconsiderar o concepto de parentalidade e como exercela cando non hai familia detrás. Neste estudo revisamos os modelos de mentoría existentes, tanto formais como informais.

Nova pornografía e cambios nas relacións interpersoais

O consumo de porno en internet xeneralízase aos 14 anos e un de cada catro adolescentes varóns xa accedeu aos 13

Mentres proliferan os contidos especialmente violentos e vexatorios, máis do 50% da poboación moza afirma que tivo prácticas sexuais non seguras despois de ver porno. Case o 80% afirman non teren recibido unha educación sexual satisfactoria.

Alianzas e redes

Mantemos liñas firmes de colaboración con institucións sociais e educativas comprometidas coa a infancia e a xuventude.