Política de privacidad

O obxectivo da presente política de privacidade é aportarlles ás nosas persoas usuarias a seguridade e as garantías esixibles pola normativa de protección de datos para o tratamento dos seus datos. Por iso che recomendamos que leas atentamente a presente política de privacidade.

Cando accedes á web adquires a condición de persoa usuaria e tamén cando te subscribes e/ou rexistras en calquera dos formularios dispoñibles ou a través das distintas formas de contacto.

Esta política de privacidade, xunto coa “Política de cookies” regulan o uso da web www.fundaciontrebol.org e, polo tanto, a relación entre FUNDACIÓN TRÉBOL DE INICIATIVA SOCIAL, en adiante tamén o Responsable, e a persoa usuaria.

A tal efecto informámosche de que o responsable do tratamento e o espazo web é a FUNDACIÓN TRÉBOL DE INICIATIVA SOCIAL (en diante, TRÉBOL), con CIF G70283999, con domicilio social na Rúa da Muíña 24 – ático, 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña), inscrita no Protectorado de Fundacións de Interese Galego co nº 2011/13 e no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia co nº E5811. Concretamente na presente Política de Privacidade regúlase o tratamento de datos de carácter persoal das persoas usuarias, levado a cabo polo responsable quen garante que tratará os datos conforme o disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e na lexislación en materia de servizos de sociedade da información e de comercio electrónico (LSSICE).

A visita a www.fundaciontrebol.org como persoa usuaria non sempre supón a recollida de datos de carácter persoal, pero informámosche de que, cada vez que visitas a web www.fundaciontrebol.org, recollemos directamente, ou a través de terceiros prestadores de servizos, información de forma automática, referida ao dispositivo desde o que te conectas e outros datos da túa conexión, cuxa finalidade non é identificarte de forma individualizada. Porén, e no caso de que nos comuniques datos de carácter persoal a través de calquera dos formularios accesibles, os teus datos serán tratados de acordo ao disposto na normativa de aplicación e de acordo co establecido na presente política de privacidade.

1. Que tipo de información tratamos?
Tratamos información técnica e información sobre a túa visita, que se obtén durante a túa navegación, tal como a que se relaciona a continuación:

  • Enderezo do protocolo de internet utilizado para conectar o teu ordenador e/ou dispositivo móbil de acceso a internet.
  • O tipo e versión de buscador.
  • Os servizos que visualizaches e/ou buscaches.
  •  Información sobre a interacción que efectuaches nas páxinas.
  •  Información derivada do teu permiso na utilización de cookies para as finalidades que das mesmas se deriven, de acordo ao disposto na política de cookies.
  •  En relación ás cookies e outras tecnoloxías similares, como por exemplo os pixels, informámosche detalladamente na política de cookies, pero queremos informarche ademais de que o responsable de www.fundaciontrebol.org non toma decisións automatizadas sobre persoas nin elaboramos perfís de forma que se produzan efectos xurídicos sobre as persoas usuarias.

2. Cando e como tratamos datos de carácter persoal?
Recabamos datos que as persoas usuarias nos facilitan cando nos contactan a través de email cunha petición concreta. O Responsable infórmache de que estes datos se consideran recabados da persoa interesada, quen declara que son veraces e que comunicará calquera modificación que nos mesmos se produza, serán tratados de conformidade co disposto na normativa vixente en protección de datos de carácter persoal.

3. Que medidas de seguridade aplicamos?
O Responsable na aplicación das medidas de seguridade terá en conta o previsto no artigo 85.2 do RGPD para o tratamento realizado con fins sociais e fundacionais, en relación aos principios, os dereitos, as obrigas do responsable e do encargado do tratamento, as transferencias internacionais de datos a terceiros países, etc., sempre que sexan necesarias para conciliar o dereito á protección dos datos persoais e o interese lexítimo de TRÉBOL.

Por suposto, garantir a seguridade dos datos é un dos obxectivos de TRÉBOL que, en conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, comunícache que aplica as disposicións establecidas tanto no RGPD como na Lei Orgánica 3/2018 e a normativa vixente de aplicación. Estas medidas están encamiñadas a garantir a aplicación dos principios de protección de datos de carácter persoal polos cales os datos han de ser tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación coa persoa interesada e adecuadamente, con pertinencia e limitados ao estritamente necesario en relación cos fins para os que son tratados. Para iso, o Responsable implementa políticas técnicas e organizativas apropiadas en relación ás medidas de seguridade e co fin de protexer os dereitos e liberdades das persoas usuarias.

4. A quen comunicamos os datos?
Tal como idicamos no cadro relativo aos tratamentos dos datos de carácter persoal reiteramos o noso compromiso de non comunicar directamente datos de carácter persoal a terceiros, salvo que sexan persoas socias, proveedoras, contratistas e outras prestadoras de servizos que nos axudan na xestión, prestación e mellora dos nosos servizos, cumprindo as esixencias legalmente establecidas.

5. Cambios nesta política
TRÉBOL resérvase o dereito a modificar de maneira unilateral a presente política de privacidade e calquera cambio que se produza será publicado e actualizado na web e se procede ou é posible notificarémosllo por email.

Estes cambios poderán deberse a cambios na web, modificacións nos tratamentos ou finalidades de datos persoais, modificacións ou novidades lexislativas e/ou o establecemento de novos criterios por parte das autoridades de control da UE ou dos Estados membros.

Esta política aplícase a partir do 6 de xullo de 2020.
A aceptación desta política de privacidade supón o consentimento da persoa usuaria para o tratamento dos seus datos para o envío de comunicacións a través de email, correo postal ou de forma telefónica, para recibir información sobre campañas e actividades que IGAXES leva a cabo na defensa dos seus fins fundacionais e tamén para recabar fondos que posibiliten estes fins.