Resultados da aplicación do Programa PREVINT en Galicia
As relacións entre nenas, nenos e adolescentes están a cambiar. Hoxe desenvólvense tanto nos centros educativos como nos espazos dixitais onde a mocidade pasa gran parte do seu tempo. Neste contexto aparecen novas formas de comunicarse, de relacionarse e tamén de xestionar os conflitos, normalizando algunhas dinámicas con certo grao de violencia dentro destas relacións.


