Centro Faia

Centro FAIA de Documentación e Investigación Social

O centro ten a súa orixe na sociedade civil e está orientado á incidencia política desde o rigor científico.
un neno e unha nena xogando ao aire libre
Un centro independente e plural

Unha ferramenta para mellorar e innovar a intervención social

FAIA nace para xerar informes, estudos e investigacións que permitan mellorar e innovar a intervención social no eido da familia, a infancia e a xuventude en risco de exclusión. Ademais deseña e desenvolve propostas formativas relacionadas co cumprimento da súa misión.

O centro xurde, por unha banda, da experiencia de Igaxes na intervención directa coa infancia e a xuventude en situación vulnerable; pola outra, do corpus investigador e formativo da Fundación Trébol, tanto en proxectos propios como no marco de redes como a Asociación de Entidades Jóvenes e Inclusión.

Faia/Visión

Faia aspira a ser un punto de referencia na investigación no eido social

FAIA aspira a ser un punto de referencia en Galicia, España e Europa en termos de investigación e documentación especializada no eido social, útil para persoas, entidades sociais, universidades, administracións públicas e empresas.

Quere ser un actor influínte nas políticas sociais, con capacidade para xerar opinión e conectada con outras institucións líderes no campo da intervención e a investigación social.

Liñas principais de investigación
  • Mocidade tutelada e ex tutelada
  • Fortalecemento familiar
  • Fracaso escolar
  • Suicidio infantil e xuvenil
  • Saúde mental de mozas e mozos do sistema de protección
  • Prostitución infantil e xuvenil
  • Inserción laboral da mocidade en risco de exclusión
  • Educación afectivo sexual
  • Igualdade de xénero
  • Uso de novas tecnoloxías
  • Nichos de mercado para a inserción laboral
  • Escolas de segunda oportunidade