Santiago, 2 de xullo de 2015 – O programa de formación de especialistas que organizan a USC e Igaxes3 chega á súa quinta edición. Un ano máis, o Máster inclúe tres meses de prácticas en recursos residenciais e mantén a súa bolsa de emprego con oito contratos de traballo ao cabo do curso. (máis…)

lb_iiimaster

Santiago, 30 de xuño de 2015 - O modelo social europeo estará en risco permanente se non se constrúe de forma inclusiva para a xuventude máis vulnerable. Así o entendemos as entidades e universidades que formamos a rede estatal Jóvenes e Inclusión. Por iso os días 8 e 9 de setembro buscaremos en Santiago novas solucións para a incorporación social plena dunha mocidade especialmente castigada pola crise no sur de Europa. Un evento no que a participación dos propios mozos e mozas será eixe fundamental. (máis…)

eijeift

Santiago, 27 de maio de 2015 – A cuarta promoción do Máster que coorganizan a USC e Igaxes3 coa colaboración da Fundación Trébol recibiu onte os seus diplomas de especialista no acto de clausura celebrado no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Oito alumnas incorpóranse agora como educadoras de Igaxes3 nas súas vivendas tuteladas do Programa Mentor. (máis…)

DSC_0134_ft