La Fundación

Coñecemento ao servizo dos seus dereitos

Trébol existe para investigar e xerar coñecemento para a defensa dos dereitos da infancia, a xuventude e as familias en risco de exclusión.
nena nun prado mirando a cámara cunha sonrisa
Traballando por un obxectivo

Transformación social desde o rigor científico.

1

Investigación y edición

Desarrollamos y editamos trabajos especializados en la infancia y la juventud.
2

Formación

Ponemos en marcha iniciativas de formación con enfoque de derechos.
3

Mentoría social

Apostamos por la mentoría social, con proyectos comunitarios en beneficio de jovenes sin apoio familiar y familias en dificultad social.
4

Redes territoriales

Formamos parte de redes territoriales, estatales e internacionales en proyectos capaces de mejorar el bienestar de niñas, niños y personas jóvenes, de reducir la desigualdad y de generar oportunidades de futuro.

La Fundación/Valores

Creatividad y experimentación desde la responsabilidad: qué efectos produce lo que hacemos y cómo se pueden mejorar.

Curiosidad por saber qué pasa y por qué pasa: cómo se generan las necesidades, cómo se produce la vulnerabilidad.

Sinergias con la administración pública, las universidades y otros agentes de la sociedad civil.

Prospectiva para la prevención, con atención a las tendencias que nos permitan hacerla de forma más efectiva.

Evaluación y mejora para seleccionar las mejores prácticas y trabajar mejor.

Optimización y priorización de recursos y actuaciones.

Validación de nuestras intervenciones.

Compromiso ético

Cultura baseada en evidencia: Avaliar ⭢ Aprender ⭢ Intervir ⭢ Avaliar

La Fundación/Transparencia

Estatutos de la fundación
Cuentas anuales

La Fundación/Patronato

Presidente

Víctor Manuel Santidrián Arias

Traballa nun instituto público, de todas e todos. Comparte con xentes de latitudes variadas inquedanzas sobre a educación. Traballa a Memoria na busca das persoas que, malia non apareceren nos libros, son facedoras do mellor que vivimos. É dotor en Historia Contemporánea pola USC.
Secretaria

Alba Paz Boubeta

Subdirectora xeral de Economía Social na Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia desde 2015. Foi Xefa do servizo de Protección de Menores entre 2009 e 2015. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
Tesoureiro

Emilio Barreiro

Licenciado en Ciencias Económicas pola USC. Desenvolveu a súa carreira profesional no sector financeiro, combinando a experiencia práctica cunha formación continua en administración financeira, tributación, dereito mercantil, riscos e liderado. Defende o valor das relacións humanas e da aprendizaxe compartida como motor do desenvolvemento profesional e persoal.
Vocal

Carmen Lago

Educadora social formada na Universidade da Coruña. Iniciou a súa traxectoria no ámbito social colaborando con centros educativos, proxectos de investigación e entidades vinculadas á saúde mental, o senfogarismo, as adiccións, a igualdade e a infancia. Traballa na protección de nenos, nenas e adolescentes, convencida de que acompañar require comprender as historias de vida de cada persoa.
Vocal

Carlos Cortés León

Consultor social e experto en xestión de persoas e organizacións. Profesor colaborador de ESADE e docente en programas de xestión de equipos e liderado, sobre todo no 3º sector. Coach, escritor e conferenciante. Defínese como lutier para a transformación de persoas.
Vocal

Ana Oliveira Blanco

Consultora e investigadora vinculada á economía social. Forma parte dunha cooperativa de traballo desde 2018, onde acompaña procesos de planificación, innovación organizativa e desenvolvemento estratéxico. Interésase polos modelos de participación e pola construción de organizacións máis colaborativas, sostibles e comprometidas coa comunidade.
Vocal

Nuno Matías Ferreira

Director do Núcleo dos Açores da Direção-Geral de Reinserção e Serviços Prisionais, Ministerio de Justiça de Portugal. Membro do comité directivo de diferentes oenegués en Portugal e en Galicia. Licenciado en Traballo Social polo Instituto Superior de Serviço Social de Lisboa.
Vocal

Susana Pérez Crespo

Coordinadora e socia fundadora da Asociación Galega de Aprendizaxe Servizo, que ten como finalidade impulsar e difundir o ApS en Galicia. Tamén é consultora e formadora en El Cole Social, ademais de experta en educación emocional.
Dirección general

Carlos Rosón Varela

Estou no sector social desde que recordo. Pai de familia numerosa, profesor e investigador en diversos másteres e cursos de especialización das Universidades de Santiago, Vigo e Málaga. Coach ACSTH e mentor de emprendedores. Presidente da Federación de Mozas e Inclusión e membro da xunta directiva da Federación Internacional de Comunidades Educativas e da patronal galega da Infancia, Familia e Mocidade.

A Fundación/Investigadores

Investigador

Gonzalo Rodríguez

Graduado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Especialista en metodoloxías de investigación cuantitativas e cualitativas, facendo especial fincapé na capacidade explicativa das emocións. Entende a investigación coma un feito social, contextualizado e con capacidade transformadora.
Investigadora

Arina Coretchi

ii. Graduada en Socioloxía e máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social. Interesada na igualdade e a mellora das políticas públicas a través da investigación e da participación cidadá.