Inclusión social
Infancia e familia
Este libro recolle os resultados dunha investigación realizada por un equipo interdisciplinar e interinstitucional, coa participación de entidades sociais, universidades e outras institucións públicas. As súas achegas permitiron abordar en detalle un amplo abano de boas prácticas na intervención socio educativa con adolescencia e mocidade en risco de exclusión social.
O traballo foi posible grazas ás organizacións Opción 3, Igaxes, Fundación Trébol de Iniciativa Social e Fundación ISOS, comprometidas coa investigación e coa avaliación de resultados. Este elemento permite cimentar unha intervención cada día máis eficaz cos colectivos en risco de exclusión cos que traballan. Canda elas foi fundamental a participación da Fundació Pare Manel, Ayuntamiento de Madrid, Universidade da Coruña e UNED.