Infancia e familia
Equidade educativa

Do confinamento á exclusión.

Informe urxente.
Impacto da crise sanitaria na infancia e a xuventude máis vulnerables en Galicia.

Na Galicia previa á crise sanitaria, polo menos un de cada cinco nenos, nenas e adolescentes vivía nun fogar pobre. Son 80.000 nenos e nenas que creceron máis desprotexidas só por naceren nesta situación. A pobreza familiar pon en risco a calidade da súa alimentación, a súa saúde emocional, o seu desenvolvemento cognitivo, as súas oportunidades de aprender e de relacionarse.

Unha vida en exclusión comeza case sempre por unha infancia fráxil. Segundo un estudo da OCDE, ás persoas descendentes dunha familia en situación de pobreza en España lévalles, de media, catro xeracións -120 anos- en saír dela. As circunstancias socioeconómicas do fogar no que nace limitan os seus dereitos e condicionan súa vida futura.

(…) Os datos macroeconómicos xa coñecidos permiten anticipar que a crise xa ten un carácter estrutural e afectará con severidade ao mercado de traballo, especialmente a certos sectores como a hostalería e aqueles máis relacionados co turismo e o ocio. Existe unha ameaza real de que moitas familias que xa partían dunha situación vulnerable se vexan agora arrastradas á pobreza severa.

Formato: Dixital
Autoría: Igaxes. Centro FAIA de Documentación e Investigación Social
Data: Maio 2020
Páxinas: 30