Inclusión socialInfancia e familia

Do confinamento á exclusión

By Xuño 23, 2020Xuño 25th, 2020No Comments

Impacto da crise sanitaria na infancia e a xuventude máis vulnerables en Galicia. Informe urxente

A crise do coronavirus non nos afecta a todas as persoas da mesma maneira. Para quen xa estaba nunha situación vulnerable, as consecuencias son máis graves. Os nenos e nenas que viven nun fogar en situación de pobreza, a mocidade ex tutelada e estranxeira, as familias monomarentais e monoparentais encóntranse agora nunha situación aínda máis fráxil.

“Do confinamento á exclusión: impacto da crise sanitaria na infancia e a mocidade máis vulnerables en Galicia” é un estudo urxente que mide os efectos económicos, sociais e educativos durante e despois do estado de alarma. Máis de 500 persoas mozas e familias con fillos e fillas menores de toda Galicia participaron nesta investigación. O resultado eleva unha voz de alarma sobre os altos riscos que a crise trouxo para o benestar e o futuro da infancia e a xuventude máis vulnerables.

Formato: Digital
Autoría: Igaxes. Centro FAIA de Documentación e Investigación Social.
Data: Maio 2020.
Páxinas: 30