Resultados da aplicación do Programa PREVINT en Galicia
As relacións entre nenas, nenos e adolescentes están a cambiar. Hoxe desenvólvense tanto nos centros educativos como nos espazos dixitais onde a mocidade pasa gran parte do seu tempo. Neste contexto aparecen novas formas de comunicarse, de relacionarse e tamén de xestionar os conflitos, normalizando algunhas dinámicas con certo grao de violencia dentro destas relacións.
PREVINT (Programa de Prevención da Violencia Interpersoal) preséntase como unha resposta innovadora, estruturada e baseada en evidencia científica, orientada á prevención temperá da violencia a través da comprensión das súas dinámicas de funcionamento.
Deste programa sae un informe tras o estudo realizado por Igaxes xunto coa Fundación Trébol en 9 centros educativos galegos, no que búscase precisamente comprender mellor estas situacións e como se constrúen durante a adolescencia.