A Fundación

A Fundación Trébol de Iniciativa Social ten entre os seus obxectivos o de deseñar, executar e avaliar programas de intervención con persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión social. Por outra banda, a Fundación será un centro de xeración de coñecemento para transmitir estas experiencias e modelos de intervención.

A Fundación é responsable de organizar -de forma independente ou en conxunto con universidades e institucións educativas- programas de formación especializada no ámbito da intervención con persoas en situación de vulnerabilidade: másters, posgraos, xornadas, seminarios, etc. Tamén se elaborarán e publicarán investigacións, estudos ou ditames para trasladar o coñecemento acumulado ao conxunto da sociedade.

Tamén é obxectivo da Fundación o de crear e participar en redes de organizacións de loita contra a pobreza. O fin é xerar alternativas conxuntas de intervención e implicar as administracións no deseño de políticas públicas neste eido.

Promoverase asemade a cooperación cos países da Comunidade Iberoamericana de Nacións e con aqueles cos que se compartan vínculos históricos, xeográficos ou culturais.