portada jóvenes 373

Jóvenes que construyen futuros: de la exclusión a la inclusión social

En España hai uns 35.000 nenos, nenas e persoas mozas que viven baixo o amparo do sistema de protección de menores. Un 46,9% deses mozos e mozas acceden á vida adulta en situación de precariedade, agravada pola falta de apoio familiar. A súa taxa de abandono escolar prematuro chegan ao 75% nalgunhas comunidades autónomas, o que aumenta o seu risco de exclusión unha vez abandonan o sistema.

MOZOS QUE CONSTRÚEN FUTUROS: DA EXCLUSIÓN Á INCLUSIÓN SOCIAL
Lluís Ballester Brage, José Antonio Caride, Miguel Melendro, Carme Motnserrat.
ISBN 978-84-16533-74-9. 371 páxinas. 2016.
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
ADQUIRIR

Vinculando os feitos con palabras, esta obra inscríbese nunha investigación financiada polo Programa de Cidadanía Activa do Espazo Económico Europeo (EEA Grants, 2009-2014), co apoio da Plataforma de ONG de Acción Social e do Goberno de España, cuxo obxectivo explícito é fortalecer a sociedade civil, a xustiza social e a democracia. No proxecto participaron as Universidade de Girona, Illes Balears, Nacional de Educación a Distancia e Santiago de Compostela, cos responsables e profesionais da Fundació Nazaret, a Fundación Servei Solidari per la Inclusió Social, a Cooperativa de Iniciativa Social Opción3 e Igaxes, dando contninuidade a diversas actuacións promovidas pola Red Jóvenes e Inclusión, creada en 2012.
O estudo indica que case a metade (o 46,9%) destes mozos e mozas realizan o salto á vida independente en situación de precariedade. Por iso Jóvenes e Inclusión presentou unha batería de medidas que elevará ás comunidades autónomas – as competentes en materia de protección de menores – para reducir o risco de exclusión da mocidade sen apoio familiar.

A mocidade máis vulnerable

A juventud española de entre 16 e 29 anos constitúe a franxa de poboación con maior risco de pobreza e exclusión: la taxa aumentou ata o 38,2% en 2015 (Taxa AROPE), case dous puntos máis que o ano anterior. Dentro desa franxa, a mocidade tutelada e ex tutelada presentaba unha vulnerabilidade aínda maior.

Mentres a idade media de emancipación en España se sitúa nos 29 anos, os mozos e mozas tutelados deben saír ao mundo nada máis cumpriren a maioría de idade. E deben afrontar a vertixe de emanciparse sen o apoio que da unha familia.

Ademáis, o seu acceso ao mercado de traballo está moi lastrado pola súa falta de formación. Máis da metade dos mozos e mozas que viviron en centros residenciais de protección non acadaron o título da ESO. Nalgunhas comunidades autónomas, como Madrid ou Galicia, a súa taxa de abandono escolar prematuro chega ata o 75%. Esta circunstancia aumenta seriamente o risco de pobreza e exclusión da súa vida futura.

Medidas para unha igualdade real de oportunidades

Ademáis das organizacións que integran Jóvenes e Inclusión, na investigación tomaron parte catro universidades: UNED, Universitat de Girona, Universitat de Illes Balears e Universidade de Santiago de Compostela.

O proxecto analizou os programas de apoio á emancipación da xuventude tutelada que se desenvolveu na Comunidade de Madrid, Cataluña, Baleares e Galicia. Os seus resultados mostran as necesidades seguintes:

• É preciso ampliar a protección da mocidade tutelada ata os 25 anos de idade. Mentres que certas autonomías xa contan con programas que prolongan o apoio varios anos máis alá da maioría de idade, outras aínda abocan a estes mozos e mozas á emancipación forzosa nada máis cumpriren os 18 anos.

• O apoio que recibe unha moza ou mozo ex tutelado en Cantabria non pode ser distinto do que recibe outro mozo que vive en Madrid ou Andalucía. Por iso é necesario crear un marco legal que garanta a protección da xuventude ex tutelada e unha normativa común para todas as CCAA.

Contar con bos programas de apoio á emancipación aproxima á mocidade tutelada a unha igualdade real de oportunidades. Nas autonomías onde se desenvolven programas deste tipo, como Galicia, Cataluña ou Baleares, minimízase a desvantaxe social destes mozos e mozas con respecto á mocidade que si conta con apoio familiar.

É imprescindible poñer en marcha políticas educativas específicas para frear o abandono escolar prematuro da mocidade tutelada. Para a gran maioría, as opcións de insercción laboral vense gravemente reducidas debido a súa baixa cualificación educativa.

• É preciso seguir promovendo en España unha cultura de comunidades inclusivas para aumentar a rede social de apoio de cada un destes mozos e mozas: escola, barrio, servizos sociosanitarios, mentores voluntarios e incluso empresas locais implicadas no seu desenvolvemento e integración social.